Adxudicadas as obras para acabar cos problemas de funcionamento da EDAR de Ribeira

RIBEIRA> O Ministerio de Medio Ambiente vén de adxudicar as obras para eliminación dos olores e ampliación da capacidade da EDAR de Ribeira. Tamén se acometerán melloras nos distintos tanques de tormentas.

Novo paso adiante para acabar cos problemas que vén rexistrando a depuradora de Ribeira dende a súa posta en Marca. O goberno central aprobou a adxudicación das actuacións que permitirán ampliar a capacidade hidráulica da estación depuradora e eliminar os olores nos colectores. Farase mediante o reforzo do sistema de captación e tratamento de aire nas conducións principais. Instalaranse unhas novas arquetas equipadas con sistemas capaces de captar e extraer o aire acumulado. A empresa encargada de executar os traballos, orzamentados en trescentos vinte e tres mil euros, será Espina Obras Hidráulicas nun prazo de seis meses.

Estas non serán as únicas obras a acometer na instalación posto que recentemente Acuaes adxudicou o proxeto de ventilación de tratamento de olores nos tanques de tormentas dos Areeiros, Ameixida e Castiñeiras. Trabaloos que contan tamén cun prazo de execución de seis meses e un orzamaento próximo ós douscentos mil euros.

Con estas obras, tanto Acuaes como Augas de Galicia pretenden dar cumprimento ós compromisos adquiridos cos veciños nas distintas xuntanzas da comisión de seguimento da EDAR para acabar coa emisión de gases e olores que afectan a diversos núcleos de poboación dende a posta en marcha da EDAR.