Os nervios, as bágoas e a ilusión protagonizan, un ano máis, a “volta ó cole”

PONTEVEDRA> Os nenos e nenas pontevedreses celebraron hoxe a “volta ao cole”. En total, na Boa Vila foron máis de 8.000 alumnos os que regresaron as escolas de Educación Infantil, Primaria e Especial. Unha xornada na que os nervios e as bágoas estiveron presentes a partes iguais.

Chegou un dos momentos máis complicados do ano para os máis pequenos, a “volta ao cole”. Unha xornada na que a máis dalgún neno lle costou despedirse dos seus proxenitores. Iso si, aínda que houbo algunha bágoa, a maioría deles estaban ilusionados con este primeiro día.

Despois de pasar dous meses desfrutando das vacacións, da praia e do tempo libre, agora toca volver á rutina. Unha rutina que ás veces custa máis aos pais que aos propios nenos.

En total, no Concello de Pontevedra hoxe regresaron ás aulas máis de 8.000 alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial. Nesta escola de Verducido afrontan este novo curso con gran expectación e con moito traballo que facer por diante.

E tras os nervios e os reencontros deste primeiro día, os nenos e nenas de Pontevedra xa están máis que preparados para afrontar un novo curso cheo de ilusión e de moita aprendizaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí