RÍAS BAIXAS> O paso do temporal deixa poucas incidencias na nosa contorna. Houbo, por exemplo, anegamentos de vivendas e estradas en Vilagarcía, varias árbores caídas en Ribeira ou desbordamentos de sumidoiros en Cambados.
O temporal de vento e chuvia que afectou nesta xornada ás Rías Baixas apenas causou incidencias. No mar, o vento chegou a acadar forza 8, con ondas que roldaron os sete metros. En terra, as protagonistas foron as intensas precipitacións. En Lousame, por exemplo, caeron ata o mediodía máis de 44 litros por metro cadrado. O vento achegouse ós 100 quilómetros por horas, en puntos como as Cíes ou Cabo Udra.
Con este panorama, os incidentes máis repetidos foron os desbordamentos de sumidoiros, como por exemplo en Cambados. En Cambados, ademais, rexistráronse tamén varios asulagamentos de vivendas e estradas. Precisamente, a circulación na rede viaria tamén se viu condicionada por mor dalgún que outro asolagamento ou bolsas de auga. A caída de colectores á vía, como este que ven da Pobra do Caramiñal, tamén causou algún que outro sobresalto. Producíronse tamén varias caídas de árbores. En Ribeira, por exemplo, caeron varios na estrada que vai ó cámping de Coroso.
Debido á alerta laranxa, a Xunta suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos das Rías Baixas, interior da provincia de Pontevedra e a Provincia da Coruña.
En Vilagarcía, ademais, o Concello decidiu cancelar tódalas actividades deportivas en instalacións municipais e pechar durante esta xornada os parques do Castriño, Compostela e A Coca.
Con todo durante a tarde, a situación tendeu á melloría, con chubascos de certe intensidade, aínda que puntuais. A previsión do 112 e manter a situación de alerta ata a medianoite de hoxe.