Impostos cero no rural

GALICIA> Un programa pioneiro en España que permite dinamizar as zonas con menor densidade de poboación. Ese é “Impostos cero no rural”, unha iniciativa que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2016 para fixar e atraer habitantes ó rural galego.

Arrancou o 1 de xaneiro dese ano coa eliminación dos impostos para as transmisións patrimoniais na compra venda de chan rústico, e as transmisión totais ou parciais de explotacións agrarias. Así mesmo, tampouco se paga o imposto de actos xurídicos documentados pola agrupación de fincas rústicas.

Uns 39.000 contribuíntes se beneficiaron enton desta iniciativa pensada exclusivamente para dinamizar o medio rural, motivo polo cal en 2017 e 2018 ampliouse con máis beneficios fiscais.