PONTEVEDRA> Os pequenos da casa xa están de descanso navideño e a cidade énchese de actividades para deixalos sen folgos. No centro poden desfrutar as atraccións de “Xogamos na rúa”, que tamén proban os non tan cativos, e para os que prefiren estar a cuberto, Mundonadal ocupa o recinto feiral con oferta de lecer do máis variado.
“Xogamos na rúa” ocupa a praza do Concello cunha pista de deslizamento para que pequenos e maiores se lancen a desfrutar das festas. E xa coa a adrenalina en marcha, qué mellor que probar a tirolina da Alameda. Atraccións para tódolos públicos custodiadas por elfos. O horario é de 12 a 14 horas polas mañás, e de 16:30 a 19:30 horas polas tardes.
E se o tempo non acompaña, tamén hai opcións a cuberto. No recinto feiral pódese desfrutar de Mundonadal ata o 6 de xaneiro.
A pista de xeo é o seu maior reclamo, con 30 metros de largo por 18 de ancho para acoller a toda a familia. Os visitantes poderán atopar tamén hinchables e outros xogos para os máis cativos; ademais de obradoiros, contacontos e xogos musicais. Complétase a oferta cun mercado de artesanía e unha zona de food trucks.
Mundonadal está aberto de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 23:00 horas polas tardes.











