A Illa de Arousa recibe a visita da Apalpadora entre lendas e cancións

A ILLA DE AROUSA> O Apalpador e a Apalpadora andan estes días de visita pola comarca do Salnés. Unha das súas paradas foi na Illa de Arousa. Alí, entre lendas e cancións, os nenos e nenas aprenderon cousas tan importantes como respecta-la natureza.. A actividade forma parte dun programa que busca tamén dinamiza-lo uso do galego entre a rapazada.

Non perdan de vista o seu bandullo, porque o Apalpador anda pola zona. Durante estes días esta figura lendaria decidiu baixar das montañas lucenses para pasar uns días polo Salnés.  Fíxoo, ademais, acompañado da súa familia. Na Illa de Arousa, por exemplo, atopámonos esta mañá coa súa filla.

A súa misión é moi sinxela: apalpar bandullos e comprobar se os nenos e nenas se portaron ben. Se foi así, levarán recompensa.

A actividade celebrouse esta mañá no Auditorio insular. Forma parte dun programa da Deputación de Pontevedra que busca transmitirlle ós pequenos múltiples valores, entre eles, o uso do galego. E entre a rapazada, a resposta ante a visita da Apalpadora é máis que positiva.

O Apalpador ou a Apalpadora tamén fixeron parada nesta xornada en Vilagarcía e Cambados. O vindeiro sábado aínda teñen outra oportunidade de coñecer esta figura. O Apalpador fará parada na Casa da Cultura de Ribadumia, a iso das 7 da tarde.