Joaquim Costa será o padriño da Basket Cup 2011

CAMBADOS> A adega Martín Códax acolleu esta mañá a presentación oficial da XVI Vilagarcía Basket Cup. Numerosas autoridades déronse cita neste acto no que se deu a coñecer o nome do padriño do torneo. Será Joaquim Costa, ex xogador do Futbol Club Barcelona.

{flowplayer}images/salnes/BasketCup_070411.flv{/flowplayer} 

En torno ás 12:45 desvelábase o gran segredo que a Vilagarcía Basket Cup garda ata o día da súa presentación oficial, o nome do seu padriño. Pois ben, este ano esa honra recaerá sobre Joaquim Costa, adestrador de baloncesto e máis coñecido por ser compoñente do Futbol Club Barcelona que durante os anos 80 o gañou practicamente todo. 

Precisamente o torneo de base e a Future Stars cobrará maior protagonismo, mobilizando a preto de 2.000 xogadores. Se ben gran novidade é que este ano vólvese a Fontecarmoa, algo que para a organización non é un paso atrás senón unha adaptación á realidade. Aínda así o cartel principal volve a ser moi atractivo con catro seleccións nacionais de primeiro nivel loitando polo título: España, Alemania, Francia e Italia. 

En torno á competición organizaranse unha serie de actividades para o desfrute de nenos e maiores, como zona de hinchables, zona de xogos ou actuacións de grupos e charangas. Ademais, o venres o auditorio de Vilagarcía acollerá a gala “Humor de todos” coas actuacións de Carlos Blanco, Patricia Vázquez e Pepo Suevos, este último presente hoxe no acto desta mañá. 

A partir de agora restan quince días por diante para que, como reza o lema deste ano, volva o espectáculo.

Redacción Salnés