Os comerciantes esperan un repunte das ventas nestes días

VILAGARCÍA> Este sábado serán moitos os que non durmirán, cos nervios de coñecer o que os Reis Magos lles trouxeron, outros polas ganas de ir de rebaixas e os comerciantes por ver como finaliza esta campaña de Nadal e valorar como vai a ser esta época de descontos que teñen por diante. Dende esta canle achegámonos ata Vilagarcía e tamén a Cambados, para coñecer como afrontan os comerciantes

Pouco máis de 24 horas, ese é o tempo que queda para que os Reis Magos enchan as casas da contorna de agasallos e bos propósitos para o ano novo. Nesta ecuación máxica de Nadal tamén teñen moito que dicir os comerciantes das vilas, que nestes días exercen de intermediarios entre as súas maxestades e os destinatarios finais. Dende os comerciantes de Vilagarcía sinalan que o remate de esta campaña repunte un pouco os seus datos, que a pesar de todo non son todo o bos que esperaban.

Numerosos comercios do Salnés xa adornan os seus escaparates con descontos que van dende o 20% ata nalgún caso chegar ao 70. Unha situación que para os pequenos comerciantes é moi difícil de sobrelevar.

Dende Zona Aberta sinalan que esta época de rebaixas non está suficientemente controlada e que se debería regular mellor esta situación.

Sexa como sexa, o paso do tempo parece confirmar, que as pequenas tendas, as do seu barrio, as de toda a vida, cada parece que están máis cerca de desaparecer, catapultadas polas grandes multinacionais que se establecen nas nosas vilas.