Deportistas e usuarios protestan contra Supera e reclaman unha solución para Rías do Sur

PONTEVEDRA> Deportistas e usuarios protestaron contra a decisión de Supera de pechar o complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Fixérono cunha concentración diante do ximnasio 24 horas que a empresa ten na rúa Blanco Porto. O peche total será efectivo a partires de mañá, aínda que o pasado 11 de marzo xa anunciara o peche da piscina olímpica, deixando sen espazo de adestramento a centos de deportistas.

Quedou claro. Usuarios e deportistas non comparten a decisión de Supera de pechar o complexo deportivo Rías do Sur.

Onte protestaron no centro de Pontevedra, ás portas do ximnasio que a empresa ten na rúa Blanco Porto. Xa o pasado 11 de marzo Supera decidía o peche da piscina olímpica por, aseguraron, os inasumbiles custos enerxéticos que tiñan que afrontar.

A medida deixou na estacada a centos de deportistas que empregaban esta piscina, case única en Galicia. Agora adestran de prestado.

A partires de mañá a decisión de peche estenderase a toda a instalación que Supera xestiona en Pontemuíños. Aseguran que a pandemia e os custos enerxéticos provocaron perdas totalmente inasumibles.

Seguirán loitando para que o complexo deportivo recupere a súa actividade.

Mentres, a Fundación Rías do Sur e o propio concello de Pontevedra colaboran na procura dunha solución que permita reabrir a instalación deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí