Campelo celebra esta fin de semana dez anos de paixón pola cervexa co seu Oktoberfest

POIO> A Praza da Granxa acolle este venres e sábado a décima edición da Oktoberfest de Campelo. Cervexa, gastronomía e música compoñen a oferta desta actividade, que inclúe ademais ludotecas e actividades para os máis pequenos.

Esta mañá salientaron que logo de dez anos a cita está totalmente consolidada. Destacaron a oferta de produtos, de moita calidade, así como a súa aposta polos negocios locais.

A programación arranca o venres coa animación infantil a cargo de Javi Solla e as actuacións de Raul e Cía e do DJ Arro. O sábado haberá sesión vermú coa música de Algo pasa con Mery. Pola tarde organizaranse xogos populares e xa pola noite, os concertos de Son das Tabernas e DJ Arrow

Ademais, haberá un autobús lanzadeira de balde entre Campelo e Pontevedra, con paradas tamén no Pazo de Ferreirós, Combarro e A Seara.