Cáritas de Arousa equipa aos seus contra o frío

26

VILAGARCÍA> En Cáritas Interparroquial de Arousa traballan intensamente para que os que máis o necesitan non lles falte un prato de comida quente ou roupa de abrigo neste días. A vaga de frío que parece que chegou para quedarse, a lo menos ata a fin de semana, non asusta a esta entidade que ano tras ano traballa a contracorrente para garantir unha vida digna de todos aqueles que precisan da súa axuda.

Cáritas Interparroquial de Arousa xa está traballando a pleno rendemento para facer fronte a estas sucesión de vagas de frío que estes días inflúen na comunidade. As medidas que se toman nesta entidade, son moi similares as de anos anteriores cando as condicións meteorolóxicas así o requiren, tal e como explica, Francisco Fernández, presidente da organización en Arousa.

Fernández recoñece que o maior problema xurde polas noites, que é cando máis baixan as temperaturas.

A pesar das boas temperaturas que tivemos na contorna dende que rematou o verán, o certo é que nas últimas semanas as temperaturas baixaron notablemente obrigando a Cáritas Interparroquial de Arousa a poñer en marcha o dispositivo en varias ocasións.

COMPARTIR