Rianxo avanza na eliminación de puntos de vertido ó río Té

    RIANXO> O concello de Rianxo está a acometer os traballos de eliminación dun punto de vertido ó río Te, na zona das Miráns. Trátase dunha pequena actuación que se sumará ó proxecto de ampliación da rede na aldea de Foxacos, que se atopa xa na última fase de redación.

    A actuación que se está a desenvolver na zona das Miráns permitirá a conexión á rede de tres vivendas que vertían directamente ó río.

    O concello dá así continuidade á ampliación da rede que se acometeu hai unhas semanas na Devesa. Estas pequenas obras viranse sumar a un proxecto máis ambicioso para dotar de sanemaento a aldea de Foxacos.

    A obra, que ascende a douscentos mil euros financiados con cargo o POS da Deputación dará servizo a unhas trinta vivendas.