Mar inviste uns dez millóns de euros na renovación da flota do Servizo de Gardacostas

BARBANZA> A consellería do Mar inviste uns dez millóns de euros na renovación parcial da flota do Servizo de Gardacostas. A modernización inclúe cinco embarcacións: catro patrulleiras, que xa entraron en funcionamento; e unha de altura, actualmente en construción, que subtituirá á ‘Paio Gómez Chariño’.

A titular de Mar, Rosa Quintana, puxo en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia nestes últimos anos que supuxo a renovación parcial da flota do Servizo de Gardacostas cun orzamento duns dez millóns de euros. Quintana destacou o papel que realiza este corpo dependente da consellería do Mar no relativo ó rescate e salvamento, nos operativos de contaminación mariña, e sobre todo na loita contra o furtivismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí