PONTEVEDRA> Arranca a sétima edición do Plan Social de Ence. Dende este xoves xa se poden presentar solicitudes para optar ás axudas que se contemplan dentro desta convocatoria. Nesta convocatoria vanse mobilizar tres millóns de euros que se repartirán entre colectivos e iniciativas con base en Pontevedra, Poio e Marín. Dende a posta en marcha do Plan Social de Ence 1.700 proxectos recibiron xa o seu apoio.
Ence abre a sétima convocatoria de axudas do seu Plan Social. Dende a compañía din que a iniciativa demostra o compromiso da compañía co desenvolvemento e benestar da contorna.
Por ese motivo naceu este Plan Social de Ence, que nesta convocatoria conta cun investimento de tres millóns de euros.
A convocatoria abriu este xoves e prolongarase ata o vindeiro 25 de xullo. Ata ese día poden presentarse iniciativas de cinco áreas de actuación diferentes: promoción da inclusión social, coidado e recuperación da contorna, promoción da educación e a cultura, promoción do emprendemento e innovación e promoción do deporte de base e elite.
Dende a súa posta en marcha, o Plan Social de Ence ten apoiado máis de 1700 proxectos.
Dende a Xunta destacan a colaboración público-privada.
Como nas edicións anteriores, as solicitudes vanse canalizar a través de plansocialence.es, onde tamén se poden consultar as bases da convocatoria.










