O PP reclama ao BNG que responda ás dúbidas sobre o futuro da mobilidade en Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Popular insiste en pedir explicacións ao goberno de Pontevedra sobre a folla de ruta do seu modelo urbano. Hoxe Rafa Domínguez volveu criticar a falta de claridade que, asegura, teñen tanto a Axenda Urbana como o Plan de Mobilidade Urbana Sostible. Afirma que os grandes anuncios sen concretar están a xerar preocupación entre os pontevedreses.

O Partido Popular de Pontevedra quere saber que vai pasar con algunhas rúas da cidade que o goberno local sinala tanto na Axenda Urbana como no Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

Domínguez critica que o BNG, encargado de elaborar estes documentos, anuncia pero non concreta.

O líder popular centra a súa atención en tres eixos: Eduardo Pondal, Raíña Vitoria e a ponte da Barca, a contorna de Monte Porreiro e a Avenida de Bos Aires. Todos aparecen na Axenda Urbana ou no PMUS como zonas nas que se vai mellorar a mobilidade e o espazo público pero sen dar detalles.

Para Domínguez, as posibilidades deste novo modelo urbano xa non están a ser decididas por Miguel Anxo Fernández Lores.

O PP anunciou que xa están a manter contactos con colectivos veciñais como a Federación Castelao e as Asociacións de Veciños de Monte Porreiro e de Eduardo Pondal para recoller as súas preguntas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí