Modepen celebra en Boiro unha charla sobre o futuro das pensións públicas

BOIRO> O acto, aberto a toda a veciñanza, terá lugar as oito da tarde, no centro social e nel intervirán Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso, e Guillerme Fontá, Secretario Xeral de Modepen.

‘Presente e futuro das pensións’. Este é o título da charla-coloquio que terá lugar mañá venres, ás oito da tarde, no centro social de Boiro organizada polo Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas, Modepen. No acto, aberto a toda a veciñanza, intervirán Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso, e Guillerme Fontá, Secretario Xeral de Modepen.

O colectivo que continúa a loitar na rúa en defensa do sistema público de pensións prepara tamén para o vindeiro día 2 de febreiro unha concentración multitudinaria, as doce da mañá, na rúa peonil de Boiro, coincidindo cunha mobilización convocada a nivel nacional.