A. Pontón: ‘GaIicia precisa como nunca do BNG para defender o seu futuro’

RIANXO> Nun acto político celebrado, como é tradición, no Paseo da Ribeira, a carón do busto do histórico nacionalista, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu reivindicar a figura e o pensamento de Castelao, cando se cumpren 72 anos do seu pasamento.

Ante un nutrido grupo de militantes e simpatizantes da formación, Pontón aludiu á necesidade do nacionalismo para darlle futuro ó País, que precisa como nunca, segundo ela, unha forza política coas mans libres para defender os nosos intereses en Madrid

No acto tamén tomaron parte a responsable local da formación, Mercedes Pimentel, e o alcalde, Adolfo Muíños, quen aludiu á necesidade de seguir reivindicando o legado político de Castelao.

O acto rematou como é costume coa tradicional ofrenda floral ante o busto do histórico galeguista, baixo os acordes do himno do Antigo Reino de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí