BOIRO> O concello de Boiro continuará coa rehabilitación do Pazo de Goiáns. O alcalde anunciou que concorrerán ás axudas autonómicas para a conservación do patrimonio en concellos de menos de 50 mil habitantes que vén de convocar a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
A orde publicada pola Consellería de Vivenda está dotada con 2’4 millóns de euros para que os concellos de menos de 50 mil habitantes poidan acceder a préstamos sen xuros para a conservación do seu patrimonio. A intención do concello de Boiro é concorrer a esta convocatoria para seguir avanzando na rehabilitación do Pazo de Goiáns, tal e como lle trasladou ó alcalde á delegada da Xunta na Coruña nunha recente reunión.
No transcurso da xuntanza, Belén Docampo informou tamén do procedemento para a nova licitación do servizo do transporte público na comarca, que require da resolución previa do actual contrato.
Alcalde e delegada repasaron tamén outras actuacións en marcha ou previstas pola Xunta no municipio boirense.











