RIBEIRA> A biblioteca de Ribeira vén de ampliar os seus fondos con 16 novos título do autor Xosé Vicente Domínguez. O escritor palmeirán quixo, mediante esta doazón, compartir o seu legado literario co seu concello natal.
O escritor Xosé Vicente Domínguez e a concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, asinaban esta mañá o acordo para a doazón de varias obras bibliográficas do autor ó arquivo da biblioteca municipal de Ribeira. A responsable municipal quixo agradecer ó autor, natural da localidade de Palmeira, que comparta o seu legado literario co concello que proximamente disporá dunha nova biblioteca, proxecto polo que Domínguez amosou gran ilusión.
Son 17 os novos títulos que xa están a disposición dos ribeirenses para consulta e préstamo biblioteca municipal. Destaca a súa última novela ‘Un millón de Teselas’ que forma parte dunha saga policíaca, a novela histórica ’’Veroto el Romano’ ou algunhas das obras coas que iniciou a súa carreira literaria como ‘Así éramos en Benecia’











