A Xunta de Galicia publica o anteproxecto para o transporte público en Pontevedra

PONTEVEDRA > As liñas do transporte público de Pontevedra xa están definidas. A Xunta de Galicia publicou o anteproxecto de explotación e definiu cales serán os traxectos que formarán parte da área metropolitana e cales seguirán sendo obriga do Concello. Un avance moi importante que fixa unha base sólida sobre a que o Goberno local terá que seguir traballando.

A Xunta de Galicia presentou no DOG as 27 liñas de transporte público que estarán activas proximamente na cidade. Ademais, tamén definiu a Área Metropolitana, que estará formada por catro concellos: Pontevedra, Marín, Poio e Vilanova. O Goberno local mostrouse moi satisfeito con este anteproxecto.

No plan están clasificadas as liñas de autobús en dous tipos, comarcal metropolitana, competencia da Xunta, e dúas liñas urbanas, obriga do Concello.

O gran cambio neste proxecto consiste en que as liñas de transporte escolar pasarán a ser de tipo xeral. Un plan que supoñerá un déficit á administración de máis de 500.000 euros.

Tras este avance, o Concello terá unha reunión coa Asociación de Taxistas de Pontevedra para seguir avanzando no transporte a demanda.