A folga do sector do comercio de alimentación pecha numerosos supermercados en Pontevedra

PONTEVEDRA> Xornada de supermercados pechados na provincia de Pontevedra. Hoxe era día de folga no sector convocado pola CIG e os piquetes pecharon varios establecementos Gadis e Froiz na capital. Centos de traballadores secundaron o paro e percorreron o centro da cidade para  protestar contra os supermercados que si estaban abertos. Reclaman a patronal un novo convenio que inclúa subas saliriais e melloras en conciliación.

O sector do comercio de alimentación estivo hoxe chamado á folga. Durante toda a xornada o paro levou ao peche a numerosos supermercados da provincia de Pontevedra. Principalmente, das empresas Gadis e Froiz.

Centos de traballadores destes supermercados e os seus almacéns optaron por secundar a folga convocada polo sindicato CIG. Fomando piquetes percorreron a cidade de Pontevedra para protestar contra os establecementos que permaneceron abertos ata conseguir o seu peche.

Con esta xornada, os traballadores do sector reclaman á patronal un novo convenio que inclúa subas salariais e melloras relativas á conciliación familiar.

O sindicato CIG denunciou que moitos traballadores sufriron presións dos seus encargados para que non secundaran a folga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí