PONTEVEDRA > Os delegados de Comisións Obreiras manifestáronse esta mañá en contra das bases que van a regular o proceso de contratación da nova dirección do Museo de Pontevedra. Os traballadores consideran que é un proxecto “irresponsable” no que a Deputación provincial non ten en conta ao persoal que actualmente traballa na institución.
Os representantes de Comisións Obreiras mostráronse en desacordo coas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia para a selección da persoa que dirixirá o Museo de Pontevedra, e calificaron como irresponsable o feito de que a institución permaneza cinco meses máis sen dirección.
Os traballadores do museo cuestionan as bases do proceso de contratación porque segundo eles, chegan tarde e, aínda que é un procedemento legal, aseguran que non lles parece ético.
Ademais, denuncian a falta de respecto que, segundo eles, o deputado de Cultura está a ter cara o cadro de persoal do museo.
Dende Comisións Obreiras piden que estas bases se anulen e que se teña en conta que os traballadores do museo están perfectamente preparados para asumir a dirección.
Por outra banda, os delegados sindicais aseguraron que case catro anos despois de que foran eliminados os organismos autónomos da Deputación, o museo non ten nin sequera estatutos que regulen o seu funcionamento.











