A FEMUPO pon en marcha unha campaña para axudar as vítimas de violencia de xénero

PONTEVEDRA> Durante este confinamento, moitas mulleres vítimas de violencia de xénero están encerradas entre catro paredes co seu agresor. Co obxectivo de protexelas e axudalas están en marcha numerosas campañas. Unha delas é a da Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra.

“Si te maltrata no te quedes en casa, te ayudamos”. Ese é o lema da campaña posta en marcha pola Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra co obxectivo de axudar ás vítimas de violencia de xénero. Mulleres que están convivindo baixo o mesmo teito co seu agresor e que senten que o seu fogar non é un lugar seguro.

Coa intención de actuar como mediadores, a FEMUPO ten a disposición de todas estas mulleres diferentes servizos para axudalas e asesoralas. Dende asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico ata orientación laboral. Neste eido, a presidenta do colectivo fai un chamamento a toda a cidadanía para que ninguén mire cara outro lado.

Para todas estas mulleres están tamén dispoñibles o teléfono da muller da Xunta de Galicia, o 900 400 273. Así como tamén o 016, o 062 e o 091.