O turismo marítimo medra un 12% no mes de xullo

Pontevedra>O presidente de Portos de Galicia fixo esta mañá balance das embarcacións que pasaron polas Rías Baixas no mes de xullo. Durán anunciou un aumento do 12 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado 2016. No ámbito de toda a provincia foron en torno a 1000 as embarcacións que pasaron por Pontevedra. As Rías Baixas contaron un aumento do 12 por cento de embarcacións en tránsito no mes de xullo con 211 embarcacións máis que no pasado ano. Son datos máis que positivos para este tipo de turismo. A provincia de Pontevedra contou coa presenza de mil embarcacións no pasado mes. Datos positivos, que segundo o presente de Portos de Galicia chegan con algunha que outra novidade. A promición deste tipo de turismo marítimo tamén está tendo a súa repercusión nestes resultados. Segundo Durán, dende o punto de vista do negocio, este turismo deixou unha repercusión económica de 300 mil euros na provincia. Por portos o de Sanxenxo recibíu 167 embarcacións no mes de xullo, o de Portonovo 150, o de Combarro 156 e o de Pedras Negras 91.