Martín Vázquez aposta polo diálogo na súa primeira incursión na política

RIBADUMIA> Hai pouco máis dunha semana que o Partido Popular de Ribadumia presentaba ao que será o seu cabeza de lista nas eleccións do mes de maio. Martín Vázquez dá deste xeito un paso adiante coa que será a súa primeira incursión no mundo da política. A súa intención é apostar polo diálogo e a tranquilidade.

Martín Vázquez ten 52 anos, traballa como oficial no rexistro da propiedade de Cambados e é viticultor, vocal do consello reitor da cooperativa Condes de Albarei. E dende hai algo máis dunha semana, é o candidato co que o Partido Popular quere recuperar a alcaldía de Ribadumia.

Asegura que asume o proxecto con ilusión e con forzas para traballar polo seu concello. Vázquez Chantrero considera que nos últimos catro anos Ribadumia deixou pasar oportunidades de avanzar. Tamén lle preocupa que o municipio baixe dos 5.000 habitantes.

Agora  o alcaldable popular está inmerso no proceso de formación do equipo que o acompañará na cita coas urnas do vindeiro mes de maio.

Martín Vázquez é consciente do peso do Partido Popular no concello e do paso de Salomé Peña pola alcaldía. Pero asegura que non lle asustan os retos e aposta pola vía do diálogo na política municipal, a máis próxima aos veciños.

Comments are closed.