A corporación municipal comeza con bo pé

PONTEVEDRA> A corporación municipal celebrou esta mañá o primeiro pleno do mandato. Un pleno de organización no que se aprobou, entre outros asuntos, a dotación económica para os diferentes partidos ou aos responsables das distintas áreas de goberno. Unha primeira toma de contacto que serviu aos portavoces locais para determinar os camiños sobre os que traballarán os vindeiros catro anos.

Con tranquilidade e consenso. Así parece que comezou este mandato a nova corporación municipal. No pleno de organización celebrado esta mañá no Teatro Principal, os concelleiros aprobaron, en menos de media hora, os salarios, as dedicacións exclusivas, a periodicidade dos plenos ou a dotación económica dos partidos. Diferentes cuestións organizativas que poñen o inicio a unha nova etapa no Concello de Pontevedra pero que fai presaxiar que non todos os plenos serán así de harmoniosos.

Os partidos da oposición tamén aproveitaron a ocasión para dar a coñecer cal será o seu papel neste mandato.

E se unha cousa quedou clara neste pleno de organización é que…