PONTEVEDRA > A Xunta de Galicia presentou esta mañá unha orde de axudas que ten como finalidade a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento en toda a Comunidade Autónoma.
O prazo para solicitar as axudas que concede a Xunta para a mellora dos aloxamentos turísticos en Galicia xa está aberto. Esta subvención ten como finalidade a mellora da accesibilidade e da sustentabilidade destes establecementos co obxecto de implantar os estándares de calidade que son exixibles no mercado.
A consellería vai a dedicar un millón de euros a esta axuda. O importe máximo que poderá conseguir cada establecemento é de 35.000 euros.
O prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o día 28 de febreiro.











