O Ravachol resiste ao Entroido 2021

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra traballa xa na elaboración da programación do Entroido 2021. Este ano, con motivo da Covid, non haberá grandes aglomeracións pero o goberno local non renuncia a estas festas. Unha das principais novidades é que non haberá enterro do loro Ravachol.

Pontevedra non renuncia a celebrar o Entroido 2021. Iso si, este ano esquecédevos destas imaxes. Con motivo da Covid, esta vez non haberá desfiles, comparsas nin tan sequera murgas pero o carnaval estará presente en todas as rúas da Boa Vila.

Co obxectivo de evitar as grandes aglomeracións, o Concello renuncia a facer actos masivos pero si haberá actividades itinerantes. Ademais, o goberno local incluirá na programación exposicións sobre momentos históricos do Entroido.

E en canto ao loro Ravachol, a figura máis importante do Entroido pontevedrés non faltará a esta cita pero, nesta ocasión, non será sacrificado.

Un Entroido completamente diferente ao de anos anteriores e que estará adaptado ás restricións Covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí