A praia fluival de Lérez estará a punto para a Semana Santa

Pontevedra>Para a Semana Santa a praia fluvial do Lérez estará xa en pleno rendemento. Dende maña venres os que o desexen xa poderán pasar a esta instalación, un  espazo onde o concello ven de investir 235 mil euros na renovación da estrutura desta praia. Trátase, segundo o alcalde, dunha obra moi importante tanto para o concello como para os veciños de Pontevedra.

Os traballos realizados na praia fluvial de Lérez xa están case rematados. Trátase dun lugar, que segundo o alcalde, é un espazo natural excepcional para os veciños da cidade.

Estes traballos contaron cun investimento de máis de 235 mil euros e agora xa están na parte final.

En relación aos baños e ao quiosco deste espazo, Lores dixo que realizarán un negociado con alguén interesado, xa que o concurso quedou deserto.

A partires de mañá xa poderán ir a esta praia fluvial e para a Semana Santa xa estará lista para acoller a todos os visitantes que o desexen, e quen sabe, se o tempo acompaña, darse o primeiro baño da tempada.