Os Camiños pontevedreses chegan a FairWay da man da Deputación

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra levou os encantos da provincia ata Santiago de Compostela. O goberno autonómico participou no Fair Way, presentando as múltiples experiencias dos Camiños pontevedreses.

A Deputación de Pontevedra presumiu de provincia en Fair Way. O goberno provincial levou ata Santiago o amplo abano de posibilidades que ofrece o destino, vencellándose co Camiño a Compostela.

Acompañada do actor Rubén Riós e da guía Alba Acebedo, a presidenta provincial participou da presentación do destino. Como se dunha charla entre amigos se tratara, os tres comentaron as posibilidades que se abren en Pontevedra en relación co Camiño a Compostela.

Deste xeito, foron ofrecendo aos espectadores información relativa ao Camiño Portugués, o Camiño Portugués pola Costa, o Camiño de Inverno, a Vía da Prata, a Ruta polo Mar de Arousa e o Itinerario Cultural do Pai Sarmiento. Carmela Silva tamén ratificou o compromiso da Deputación co Xacobeo 2021, como gran oportunidade para promocionar o Camiño.

A Deputación tamén aproveitou a FairWay para manter reunións do sector público e privado no stand provincial, coa intención de promover e dinamizar os camiños.

Comments are closed.