Pontevedra> O concelleiro de Medio Natural de Pontevedra presentou esta mañá unha grande área deportiva e de lecer que se levará a cabo no Monte de Salcedo. Trátase dun espazo que ocupa 73 mil 500 metros cadrados e que inclúe un campo de fútbol, aparcadoiro, pistas de atletismo, circuíto BMX, espazos de xogos, un campo da festa e unha carballeira. O concelleiro de Medio Natural presentou esta mañá, xunto cos comuneiros de Salcedo, unha grande área deportiva que se levará a cabo no monte desta localidade pontevedresa. Trátase dun espazo que ocupa 73 mil 500 metros cadrados e que inclúe un campo de fútbol, aparcadoiro, pistas de atletismo, circuíto BMX, espazos de xogos, un campo da festa e unha carballeira. O proxecto está en redacción e a construción da primeira fase, campo de f´tbil e aparcadoiro, comezará no 2018. A asamblea de comuneiros xa autorizou e comprometeuse con esta iniciaitva que foi presentada hai días no Consello parroquial de Salcedo recibindo o apoio de todos os colectivos que o integran. O futuro campo de fútbol de Salcedo contará con 11300 metros cadrados e cun aparcadoiro de 4000 metros cadrados con capaciade para 137 vehículos. Este espazo dará servizo fundamentalmente ao Salcedo. O concelleiro Alberto Oubiña lembrou que este é o cuarto, e agarda que definitivo, proxecto para construír un novo campo de xogo na parroquia.
Inicio PONTEVEDRA