A Deputación busca o selo ‘Starlight’ para os castelos de Soutomaior e Sobroso, afianzando ás Rías Baixas no astroturismo

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra busca a certificación Starlight para os castelos de Soutomaior e Sobroso. Un distintivo que recoñece a calidade do ceo nocturno e a súa protección e co que a administración provincial busca consolidar unha oferta turística vinculada ao astroturismo. A primeira oportunidade para afianzarse neste eido será o vindeiro 12 de agosto, coas Rías Baixas como un dos mellores lugares do mundo para observar o eclipse solar total que se vai producir. Para artellar toda a proposta, a Deputación creou o produto ‘Baixo o ceo das Rías Baixas’, ao que quere tamén incorporar ao sector turístico.

O proxecto ‘Baixo o ceo das Rías Baixas’ impulsado pola Deputación de Pontevedra continúa enchéndose de contido. A iniciativa, que busca converter esta zona nun dos mellores lugares do mundo para observar o eclipse solar do vindeiro 12 de agosto, quere facer deste fenómeno unha experiencia turística.

Para conseguilo, a Deputación quere contar coa complicidade do sector turístico. Así, os días 20 e 30 de abril celebraranse unhas xornadas formativas para o persoal, co obxectivo de garantir unha planificación ordenada do día do eclipse.

Para este día, a Deputación creará unha rede de puntos de observación repartidos pola provincia. Ademais, buscará a implicación do sector hoteleiro e os cámpings.

A intención do goberno provincial é afianzar as Rías Baixas como destino dentro do astroturismo. Por iso xa traballan para conseguir a certificación Starlight para os castelos de Soutomaior e Sobroso; distintivo que recoñece a calidade do ceo nocturno e a súa protección.

Ademais, López explicou que se está a elaborar materiais informativos que se distribuirán nas oficinas de turismo da provincia.