A Xunta presenta unha nova convocatoria de axudas para loitar contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA > A Xunta de Galicia presentou esta mañá unha nova convocatoria de axudas no ámbito da loita contra a violencia de xénero e a promoción da igualdade.  O programa está dirixido a todos os concellos da provincia de Pontevedra.

A secretaria xeral da Igualdade presentou esta mañá aos concellos da área territorial de Pontevedra a nova convocatoria de axudas para os programas municipais de promoción da igualdade. Unha iniciativa que foi acordada entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

O programa se divide en 4 liñas fundamentais de actuación. Axudas para o mantemento dos centros de información, de conciliación e corresponsabilidade, para levar a cabo programas de intervención en violencia de xénero, e unha última liña que busca que os concellos fagan campañas propias para fomentar a igualdade en todos os ámbitos.

A orde de axudas para a promoción da igualdade nas entidades locais supera este ano un récord económico de 5,4 millóns de euros.

Catro liñas de actuación nas que os concellos poden concorrer de maneira agrupada ou de forma individual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí