O BNG comprométese a mellorar a seguridade viaria das estradas estatais da provincia

PONTEVEDRA> A cabeza de lista do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra mantivo esta mañá un encontro con diferentes colectivos da comarca. O obxectivo desta reunión era dar a coñecer as medidas que os nacionalistas  pretenden levar a cabo para solucionar os problemas de seguridade viaria nas estradas estatais. En concreto, Carme da Silva citou os tramos urbanos da N-550, da N-640 e da N-541.

Carme da Silva quixo reunirse esta mañá con varios representantes de colectivos Pontevedra, Caldas, Soutomaior ou Cesures. Concellos cunha problemática común. Todos eles están atravesados por estradas de titularidade estatal. A cabeza de lista do BNG ao Congreso pola provincia explicoulles neste encontro toda as medidas que pretende levar a cabo para por solución aos problemas de seguridade viaria que existen, por exemplo, na N-550, na N-640 ou na N-541.

Carme da Silva cre que o problema principal de todas estas estradas é qie non están pensadas para tramos urbanos. Algo que, segundo ela, ten solución.

Carme da Silva tampouco quixo pasar por alto que na provincia de Pontevedra é onde se pagan os seguros de coche máis caros de toda España. Unha consecuencia da alta sinistralidade da nosa comarca. Ademais, a cabeza de lista do BNG insistiu en que a solución a estes problemas non pasa soamente por colocar un cartel que poña tramo de concentración de accidentes. A solución, para ela, está en evitar que haxa eses accidentes.