PONTEVEDRA> A Covid levouse por diante este ano a celebración de moitos festivais. A maioría deles decidiron pospoñer a festa ao 2021. Así e todo, hai un que decidiu substituír a súa edición presencial por unha banda deseñada. Trátase do Armadiña Rock. A organización deste evento sacou hoxe a luz o libro “O último festi”.
O Armadiña Rock substituíu este ano a súa edición presencial por unha banda deseñada. Unha publicación titulada “O último festi” na que se pretende trasladar ao lector o espírito deste festival.
O Armadiña Rock ía a celebrar este ano a súa décimo segunda edición, pero a Covid obrigou a suspender o evento. Por iso, dende a organización decidiron sacar á luz esta publicación que naceu grazas ao guionista Fernando Llor e ao debuxante Pablo Prado.
Aínda que o Armadiña Rock substitúase este ano por unha banda deseñada, este festival non deixa de lado a música de grandes artistas como Sés, Heredeiros da Crus ou Uxía Lambona.
O Armadiña Rock volverá en 2021 con máis forza ca nunca, pero mentres tanto, a música seguirá soando grazas ao libro “O último festi”.