Volve o foro máis reivindicativo da cidade, “As mulleres que opinan son perigosas”

PONTEVEDRA > Volve a Pontevedra o foro “As mulleres que opinan son perigosas”. O evento, que pretende visibilizar o traballo das mulleres nos medios de comunicación, terá lugar o 1 e o 2 de marzo no Teatro Principal.

A II Edición do foro “As mulleres que opinan son perigosas” reunirá a 15 mulleres columnistas profesionais do xornalismo e da escritura de diferentes xeracións e perfís,  que reflexionarán sobre a realidade deste sector en España.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra recalcou que ano pasado o encontro foi todo un éxito, xa que non quedou reducido a unha iniciativa local senón que se extendeu ao territorio nacional.

Este ano quíxose abordar o feminismo dende diferentes puntos de vista, incluíndo a colaboración de mulleres que exercen a opinión no ámbito do deporte e dende a perspectiva das mulleres negras. No cartel tampouco podían faltar referentes e veteranas da nosa terra.

O obxectivo destas xornadas é visibilizar o traballo das mulleres nos medios de comunicación e darlles o recoñecemento que a día de hoxe non teñen. A entrada para todas as charlas do encontro será libre ata completar aforo, pero si alguén quere reservar unha butaca poderá facelo a través da web da Deputación de Pontevedra.