PONTEVEDRA > Pontevedra xa conta co seu propio “Street View”. Unha ferramenta topográfica que permitirá axilizar os trámites urbanísticos e medir con gran precisión calquera superficie do Concello.
Xa está aquí a versión pontevedresa do Street View. Unha ferramenta topográfica da que xa dispón o concello e que supón un avance moi importante de cara a axilización de trámites administrativos e urbanísticos.
O traballo foi realizado pola empresa Geograma, que percorreu case 700 quilómetros viais e adquiriu máis de 170.000 imaxes en 360 graos e máis de 4 mil millóns de puntos en 3D.
O Concello dispón de cinco licencias deste programa. Sen embargo, o obxectivo é que se converta nunha ferramenta útil no traballo diario de todos os veciños e técnicos de Pontevedra.
Con este mobile maping, a partir de agora, os técnicos municipais poderán consultar dende a súa oficina calquera terreo do concello, e facelo, ademáis, cunha ferramenta precisa e certeira.
Comments are closed.