Galicia pide pasar á fase 2 e mobilidade entre provincias

GALICIA>  Galicia solicita pasar á fase 2. A Xunta presentou xa unha proposta  ao Goberno Central para que se faga efectivo dende o vindeiro luns. O plan do goberno galego contempla a libre mobilidade entre as catro provincias. O Conselleiro de Sanidade cre que Galicia está xa en condicións de mudar de fase, porque considera que a nosa comunidade está nunha situación epidemiolóxica excelente.

A Xunta vai solicitar pasar á fase dúas a partir do vindeiro luns. O goberno galego trasladoulle xa ó central a súa proposta para que a comunidade continúa avanzando na desescalada. No documento remitido polo executivo autonómico ó Ministerio de Sanidade, de máis dun cento de páxinas, saliéntase que a situación epidemolóxica de Galicia é boa e que se fortalceu o dispositivo de atención precoz de casos de COVID-19 dnede a Atención Primearia.

Na proposta da Xunta, dada a coñecer hoxe, solicítase ó executivo central que se permita a mobilidade entre as 4 provincias galegas.

O Conselleiro de Sanidade confía en que co paso de Galicía á fase dúas, as residencias de maiores e persoas con discapacidade poidan recibir visitas de novo.

Sobre a convocatoria electoral do vindeiro 12 de xullo, Vázquez Almuíña indicou que xa se está a traballar nun protocolo específico para que os galegos poidan ir votar con tranquilidade.