A Casa Jaureguizar, antiga propiedade de Marcial Dorado, xa é dos vilagarciáns

VILAGARCÍA> A Casa Jaureguizar xa pertence ao concello de Vilagarcía. Esta tarde culminaron as xestións do goberno local coa sinatura dos documentos que acreditan a cesión da propiedade, que no seu día pertenceu a Marcial Dorado. Ravella terá que aboar 170.000 euros polo inmoble, que destinará a fins sociais.

Con este simbólico xesto, o concello de Vilagarcía e o Plan Nacional sobre Drogas pechaban o acordo que había só media hora asinaban ante notaria en Ravella: a compra da Casa Jaureguizar, antiga propiedade de Marcial Dorado.

Dende hoxe, a propiedade de 700 metros cadrados na avenida de Doutor Tourón xa depende de Ravella. O compromiso do goberno local é destinalo a usos sociais, posiblemente dirixido a persoas maiores. A compra supuxo 170.000 euros ás arcas municipais, que se empregarán na loita contra as drogas.

Tanto a subdelegada do Goberno como a delegada do Plan Nacional sobre Drogas como a destacaron a forte carga simbólica desta compra. Un exemplo máis da loita da sociedade galega contra o narcotráfico.

Comments are closed.