As ambulancias piden máis recursos e a actualización do convenio colectivo

PONTEVEDRA>  O alcalde reuniuse esta mañá co comité de folga das ambulancias para falar do déficit de vehículos que existe na comarca de Pontevedra. Unha situación que, de seguir así, podería finalizar cun conflito indefinido entre a consellería e os traballadores do Sergas.

O comité de folgas das ambulancias reuniuse esta mañá co alcalde co obxectivo de transmitir as deficiencias que existen neste servizo na comarca de Pontevedra. Os traballadores piden o incremento do número de ambulancias, o aumento de horas na de Marín, que actualmente só traballa 16 e un vehículo medicalizado no Salnés, que actualmente non ten ningún. Ademais, denuncian que levan tres anos sen convenio colectivo, é dicir, sen que os seus salarios se actualicen.

Este xoves, o comité de folgas ten unha reunión coa patronal e nela esperan ter propostas concretas para empezar a negociar.

De non haber ningún tipo de solución, o día 20 de marzo entrarían nun conflito de forma indefinida.

O alcalde asegurou que dende o Concello intentarán levar a pleno unha moción para facer presión ante una situación que, segundo el, é extrema.

Comments are closed.