A Deputación convocará a vindeira semana o pleno de constitución do novo goberno

PONTEVEDRA> Hoxe constituíse a corporación de Caldas, a única da provincia de Pontevedra que aínda non celebrara o pleno para a toma de posesión dos concelleiros. Co último concello xa definido, só queda pendente a constitución da corporación provincial. Dende a Deputación apuntan a que o pleno celebrarase, previsiblemente, en dúas semanas.

 

Co concello de Caldas xa constituído, a Deputación de Pontevedra está pendente dos partidos xudiciais da provincia para pór en marcha o mecanismo para a toma de posesión da súa corporación.

A convocatoria farase a vindeira semana. Aínda que se manexaba o 13 de xullo como día para a celebración do pleno, a data concreta segue no aire.

Mentres, a Deputación continúa a traballar con normalidade, algo que criticou hai uns días o nacionalista César Mosquera. Para o deputado, Rafael Louzán está arrasando cos fondos provinciais, facendo un reparto acelerado e caciquil dos cartos.

Figueroa apuntou a que o grao de execución orzamentaria é moi semellante ao de anos anteriores.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/03/deputacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/03/deputacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}