A Pontevedrada deste ano trasladouse aos balcóns

PONTEVEDRA> Este sábado ás 8 da tarde os balcóns da Cidade do Lérez vibraron máis ca nunca.

O motivo, a celebración da tradicional Pontevedrada. Unha cita que percorre cada ano o Camiño de Santiago e que nesta edición tivo que ser cancelada pola crise sanitaria. Sen embargo, os membros da Asociación de Amigos da Pontevedrada decidiron facer unha saída simbólica dende as súas casas.

Cos dorsais colgados nos balcóns e co son da bucina, os membros deste colectivo volveron a poñer o foco na doazón de órganos, sangue e tecidos. Ademais, este acto serviu tamén como homenaxe aos falecidos polo Covid-19.

Dende a organización de Asampo aseguran que esta edición da Pontevedrada celebrarase cando remate a pandemia.