A Panadería Lourido gana o premio á mellor decoración de Vilagarcía recreando a aldea de Papá Noel

VILAGARCIA> A panadería Lourido gaña o premio á mellor decoración de nadal de Vilagarcía. O establecemento baseou a súa ornamentación na vila de Papa Noel. Os adornos estarán dispoñibles ata o 8 de xaneiro.

Como é tradición nestas datas, os comercios e negocios decoran os seus establecementos con adornos típicos de nadal. En Vilagarcía para recoñecer este traballo, dende o concello recompensan aos mellores decorados da vila. Este ano o establecemento gañador foi a Panadería Lourido.

Detrás da decoración está a xerente do establecemento Andrea Vidal, este ano recreou a vila de Papa Noel.

Pero Andrea non traballa soa na planificación e construción deste decorado. Os 12 traballadores da panadería coa colaboración de Arosa Casa recrearon esta vila de nadal con todo peza artesanais.

A vila de Papa Noel deulle un premio ao establecemento que xa rozou o ano pasado.

O premio tamén causou a ledicia dos seus clientes.

A decoración estará dispoñible ata o día 8 de xaneiro. Dende o establecemento invitan a xente a achegarse a velo e de paso probar as súas especialidades, a empanada de millo e o pan de chapata.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí