VILAGARCÍA> San Valentín continúa traendo agasallos. A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía repartiu os premios da campaña do días dos namorados. Doce son os agraciados que deixou este sorteo.
Doce premios repartiu a Asociación Zona Aberta tralo sorteo celebrado pola campaña de San Valentín. Un deles é un galardón de 100 euros en vales de compra en calquera establecemento asociado. Os 11 restantes para desgustar en diferentes locais hostaleiros. A representante do colectivo fixo unha valoración positiva da campaña.
A gañadora dos 100 euros contaba só cunha participación, adquirida no comercio Spa Nail´s. O primeiro que mercará cos premio serán libros.
Zulema Fresco tamén recalcou a importancia de comprar nos negocios locais. Considera ó pequeno comercio como algo fundamental para a vila.