PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra carga contra a política industrial da Xunta de Galicia. Miguel Anxo Fernández Lores criticou que o executivo autonómico atranque o desenvolvemento de parques empresariais. Tamén que recomende ao concello non recorrer a sentenza que permite a continuidade de ENCE en Lourizán.
Para o alcalde de Pontevedra, as medidas da Xunta de Galicia para fomentar a actividade económica e industrial na provincia son practicamente inexistentes.
Fernández Lores cargou contra a política industrial e de emprego do goberno autonómico. Tamén acusouno de poñer atrancos ao desenvolvemento dos polígonos industriais da cidade.
O rexedor capitalino contrapuxo esta actitude da Xunta á que manteñen no referente a ENCE. Sobre o recurso que o concello de Pontevedra vai presentar contra a sentenza que permite a súa continuidade na ría, o presidente autonómico asegurou que é preciso un pouco de tranquilidade.
Fernández Lores apuntou que a contratación dun equipo de avogados externo lideadora polo exministro Francisco Caamaño foi aprobado xa en Xunta de Goberno extraordinaria.