Un minuto de silencio lembra ás vítimas de accidentes de tráfico

PONTEVEDRA> A subdelegación do goberno acolleu esta mañá un minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico, sumándose ó día mundial que se celebrou onte. No acto fíxose especial fincapé na necesidade do esforzo conxunto de administracións e condutores para reducir as cifras de siniestralidade.

Ó longo do ano, 1.800 persoas faleceron nas estradas do noso país. Só na provincia de Pontevedra, foron 25 os mortos en accidente de tráfico. Tras o minuto de silencio no seu recordo, a subdelegada do goberno subliñou que a seguridade viaria é un traballo e compromiso de toda a sociedade.

A directora provincial da Dirección Xeral de Tráfico incidiu nas distraccións ó volante coma principal factor recorrente nos accidentes graves e mortais dende o 2016 e lembrou a necesidade de disociar o uso do móbil da condución coma se fai co alcohol.

O alcalde de Pontevedra, pola súa banda, lembrou a importancia da educación para formar condutores responsables e chamou á implicación de todos.

Maica Larriba aproveitou para lembrar que Pontevedra ten conseguido reducir a cero os accidentes no casco urbano.