As eleccións xerais provocan cambios no ITU Multisport Festival

PONTEVEDRA > O ITU Multisport Festival xa ten un novo horario establecido. Para asegurar a asistencia de todos os cidadáns ás eleccións xerais e co obxectivo de que os cambios afectasen o menos posible ós deportistas, o goberno local fixo unha reubicación no calendario. Polo tanto, o domingo soamente se disputarán os Duatlón Paralímpico e Junior pola mañá e as probas que se ían a levar a cabo pola tarde, pasarán a celebrarse o día anterior.

O Concello anunciou esta mañá os cambios nos circuítos das probas do ITU Multisport Festival que se desenvolveran do 26 de abril o 4 de maio. Para tratar de garantir a asistencia ás mesas electorais, as probas que se ían a disputar o domingo pola tarde pasarán a celebrarse o sábado. Deste xeito, o 28 de abril soamente se levarán a cabo pola mañá os dúatlons paralímpico e júnior.

Ademais, para evitar cortar a rúa Xosé Malvar, o domingo 28 e os días laborais trasladarase o cambio da zona de saída e de transición dos deportistas dende o Centro Galego de Tecnificación Deportiva ata a zona de Tafisa.

Con este novo calendario, as probas deportivas que se celebrarán o sábado 27 de abril afectarán sobre todo á N-550 e á subida a Xeve.

O goberno local traballa agora para garantir a seguridade en todas as probas.

Cabe destacar que a proba de relevos mixtos foi suspendida pola Federación Internacional de Tríatlon, o non poder reubicala no calendario.