Primeira xornada do Torneo Internacional de Sanxenxo

tenis250_020909.jpgSANXENXO> O Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo acolle estes días a disputada do VIII Torneo Internacional ITF Sanxenxo de tenis. Onte, entre os resultados máis destacados, estivo a derrota de tenista local Andrea Villaverde, que caeu coa británica Azeez.

Este martes deu comezo a fase final do Torneo Internacional ITF de Sanxenxo, no que non puido debutar con victoria Andrea Villaverde, que perdeu ante a británica Safiya Azeez por 6-4/6-2.

No primeiro set a de Sanxenxo tivo oportunidades de victoria chegando incluso a ter unha bola para o 5-4 a favor. Neses momentos apareceron os nervos, non puido rematar a faena e iso foi algo que aproveitou a súa rival. Andrea centrará agora os seus esforzos no cadro de dobres coa súa compañeira Yolanda Piñeiro, tamén de Sanxenxo.

No cadro masculino Pablo Mosquera perdeu ante o británico Reason, nun partido igualadísimo que puido caer de calquera dos dous lados. O ourensán cedeu finalmente no tie break do terceiro; o marcador: 7-5/4-6/7-6(4). O numeroso público asistente seguíu o partido de Mosquera, un rapaz que adestra en Sanxenxo e que non puido dar o máximo de si ante a atenta mirada de compañeiros e amigos.

Dos demais cabezas de serie, en chicas a número tres, Diana Stomlega gañou claramente a Clara Ortiz por 6-0/6-2. Ademais, Dani Pérez campión no torneo cadete sigue o seu camiño victorioso tamén no junior e venceu por un doble 6-2 ó inglés Jordan Bull.

Tamén gañou o pontevedrés Javi Varela, con contundencia, por 6-1/6-0 ante o portugués Carvalho.

Redacción Salnés