A convocatoria electoral supón un paso atrás na loita dos retornados

RIBEIRA> Os emigrantes retornados do Barbanza volveron mobilizarse esta mañá polas rúas de Ribeira. Temen que o cambio de goberno trala convocatoria de eleccións xerais supoña o incumprimento dos compromisos adquiridos ata o momento.

A convocatoria de eleccións xerais supón un paso atrás na loita dos emigrantes retornados. Coas Cortes en funcións non se poderán formalizar os compromisos adquiridos hai uns meses pola Comisión de Economía do Congreso para equiparar as obrigas fiscais deste colectivo cos pensionistas que tributan en España.

A plataforma de retornados confía en que o novo goberno resultante das urnas manteña os compromisos adquiridos pola anterior executivo. De non ser así, non dubidarán en acudir novamente a Madrid e mesmo a Bruxelas para seguir reclamando os seus dereito.

Tras cinco anos na rúa, seguen a ser un exemplo de loita incansable posto que o último mércores de cada mes volven mobilizarse para manter viva a súa protesta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí