Vilagarcía recupera a Expoferta con 15 postos individuais en vez dunha carpa conxunta

VILAGARCÍA> A asociación de comerciantes de Vilagarcía recupera a feira de oportunidades. A Expoferta estará situado na praza da II república pero dividido en varias carpas en lugar dunha para respectar as noras sanitarias. Para os comerciantes é unha boa oportunidade de aumentar as súas vendas nun momento moi complicado.

Despois dun ano de ausencia por mor da situación sanitaria, a Asociación de Comerciantes Zona Aberta recupera a feira de oportunidades. A Expoferta regresará á praza da II República pero adaptándose as normativas anticovid.

A Expoferta terá lugar do 6 ao 8 de agosto. Ademais de estar dividida en carpas, tamén haberá control de acceso á zona para evitar aglomeracións. Serán un total de 15 postos con todo tipo de produtos.

A Expoferta é unha boa oportunidade non só para os clientes se non tamén para os comercios. A situación actual está afectado aos negocios de proximidade e a feira de oportunidades supón un ocasión para vender os seus produtos.

O horario de apertura será pola mañá de 11 a 14 horas e polas tardes de seis e media a dez e media.